lunes, 17 de enero de 2011

VIDA DE CELSO EMILIO FERREIRO.

Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova no ano 1912. Alí estudou cos Padres Escolapios, dos que recibiu unha formación cultural moi pouco común na época. Estivo relacionado desde moi novo co movemento nacionalista e a comezos dos anos 30 afiliouse ás Mocidades Galeguistas para iniciar unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país.

 Cando estalou a guerra Celso Emilio foi obrigado a se incorporar ao exército franquista. Estivo condenado a morte e, nas catro noites que pasou na cadea até a familia conseguir o indulto, escribiu o poema "Longa noite de pedra", núcleo central do libro do mesmo título.


     Finalizado o conflito, cursou Maxisterio e Dereito en Compostela. Só concluíu a primeira das carreiras, mais nunca chegou a exercer como mestre. Casou con Moraima e a parella instalouse en Pontevedra. Nesta cidade fundou en 1948 a colección Benito Soto.



Establecido en Vigo desde 1949 como procurador, escribiu unha biografía de Curros Enríquez,  consciente de que a recuperación da figura do poeta podía xogar un papel importante no despertar da consciencia colectiva do país nun momento tan delicado. En Vigo publicou O soño sulagado (1954), colaborou en varias revistas e dirixiu, para Galaxia, a colección de poesía "Salnés", onde saíu, en 1962, Longa noite de pedra. O impacto desta obra foi enorme, esgotouse en poucos días e correu multicopiada de man de man, marcando un fito na historia da nosa literatura. Aínda que non era o primeiro poemario da corrente socialrealista, Celso Emilio pasou a ser o símbolo deste movemento.


 En 1966, respondendo a un convite da emigración, marchou a Caracas, onde axiña se enfrontou coa directiva da Irmandade Galega e o sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que redixiu Viaxe ao país dos Ananos(1968), polémico poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en Cantigas de escarnio e maldicir (1968), asinado baixo o pseudónimo Arístides Silveira, no romance de cego Paco Pixiñas (1970), en Os autentes (1973) e mais en Antipoemas (1972). Celso Emilio decántase pola actitude belixerante e o compromiso, pois entende que a poesía é un instrumento eficaz para transformar a realidade.




 En 1973 instalouse en Madrid, onde desenvolveu unha intensa tarefa a prol da cultura e a literatura galegas, dedicándose por completo á actividade literaria e xornalística. Son desta época os poemarios Cimenterio privado (1973) e Onde o mundo se chama Celanova (1975). A morte sorpréndeo en Vigo no verán de 1979, nun momento en que Celso Emilio Ferreiro se convertera xa nun auténtico mito vivo para as novas xeracións.

lunes, 10 de enero de 2011

¡¡FELIZ AÑO!!

En este nuevo año os deseo a todos mucha felicidad, salud, dinero y amor. Que todos los deseos de fin de año se cumplan y que lo mejor del 2010 sea lo peor del 2011.
Comenzamos una nueva etapa que estará llena de altibajos pero con esperanza conseguiremos todos los propósitos que queramos.


Soy el Año Nuevo, vengo a ti puro e inmaculado; acabo de salir de las manos de Dios. Cada día es una perla de gran precio que te es concedida para que la ensartes en el hilo de plata de la vida. Una vez ensartada, ya no puede desenhebrarse jamás; queda allí como un testimonio inmortal de tu fe y de tu destreza. Debes fundir entonces, cada minuto, como eslabón dorado a la cadena eterna de las horas.

En tus manos te han sido entregados riqueza y poder para hacer de tu vida lo que quieras. Te doy, libremente y sin reservas, doce meses gloriosos de lluvia refrescante como una caricia y de luz de sol con fulgores de oro. Los días, para trabajar y recrearte en la belleza de las cosas; las noches, para que duermas con un sueño tranquilo. Todo lo que tengo te lo doy con amor que no puede definirse.

Todo lo que te pido es que no permitas que nadie profane tu fe ni oscurezca tu visión.