martes, 1 de marzo de 2011

O REINO

No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.

Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,

decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdeu,
iste gran Reino?









Breve cometario do poema:
Neste poema, Celso Emilio expresa dalgunha maneira a morriña que sente pola liberdade perdida, a liberdade que tiña e que lle arrebataron co inicio da guerra civil. Unha vez máis, mostra o seu descontento e a súa desconformidade co réxime franquista, como vén sendo habitual na súa poesía.



No hay comentarios:

Publicar un comentario